NOVA TEMPADA

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS NEGREIRA 2010/11.


Dende o 1 de setembro ó 1 de outubro abrese o prazo de matriculación nas 15 actividades ofertadas este ano nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Negreira.

As actividades son: Atletismo, Baloncesto, Balonmán, Deporte de Contacto, Fútbol-sala, Fútbol sala feminino, Kárate, Multideporte, Tenis, Patinaxe, Predeporte, Voleibol, Ximnasia de mantemento, Ximnasia para maiores e Ximnasia rítmica/artística.

A intención principal das Escolas é a de fomentar a práctica de algunha actividade deportiva para mellorar o estado físico e mental dos participantes así como adquirir habitos saudables.

Serán sete meses de intensa actividade que terán o remate o 30 de abril de 2011, e a Clausura pora punto e final a unha longa tempada.