Este mes remata a fase regular da Liga de Fútbol sala




O 30 de marzo a Liga de Fútbol sala de Negreira, pon o punto e final á Fase regular onde os oito primeiros disputarán o plaioffs polo título.

De momento non están concretados os postos, xa que ata o final non saberemos como quedarán os cruces.

Para esta fase os emparellamentos serán da seguinte maneira:

1º Clasificado - 8º Clasificado
2º Clasificado - 7º Clasificado
3º Clasificado - 6º Clasificado
4º Clasificado - 5º Clasificado

Os partidos serán a doble volta, nunha fase final que promete ser moi igualada, e que poderemos seguila durante o mes de abril.