Cervecería Esmorga Campión de Liga 2011/12

EQUIPO DE CERVECERÍA ESMORGA




















O equipo de Cervecería Esmorga proclamouse campión da Liga de fútbol sala de Negreira, despois de vencer na final o equipo de Viajes Sant Yago nun partido moi igualado que se resolviu na prórroga.
O encontro estivo marcado por unha gran igualdade, onde as defensas se impuseron sobre o ataque.
EQUIPO DE VIAJES SANT YAGO




















O final do partido o marcador reflexaba un resultado de 1-1 que facía que se chegara a prórroga onde, nunha rápida contra do equipo de Esmorga finalizada por Joaquín Becerra, poñía o derradeiro 2-1 que faría campión o equipo verde.

No partido polo terceiro e cuarto posto o equipo de Cervecería Trisquel gañou con certa claridade por un 4-0 o equipo de La Crema, o que lle permite acadar o terceiro posto da Liga.

EQUIPO DE CERVECERÍA TRISQUEL




















O cadro de honra da Liga de Fútbol sala 2011/12 é o seguinte:
- 1º CLASIFICADO: CERVECERÍA ESMORGA
- 2º CLASIFICADO: VIAJES SANT YAGO
- 3º CLASIFICADO: CERVECERÍA TRISQUEL
- 4º CLASIFICADO: LA CREMA / BAR ARRANCA

MÁXIMO GOLEADOR: JOAQUÍN BECERRA BLANCO (C. ESMORGA) - 63 goles/20 partidos

PORTEIRO MENOS GOLEADO: HUGO CABANA LIMES (V. SANT YAGO) -  32 goles/20 partidos

MELLOR XOGADOR DA LIGA: JOAQUÍN BECERRA BLANCO (CERVECERÍA ESMORGA)


A entrega dos trofeos farase durante a Final de Copa o día 1 de xuño ó remate dos partidos.

Por outra banda dende hoxe luns 30 de abril comeza a Fase de grupos da Copa de futbol sala 2012, na que os equipos VIAJES SANT YAGO e CERVECERÍA ESMORGA están exentos.