Esmorga e Viajes San Yago finalistas de Liga


Os equipos Cervecería Esmorga e Viajes Sant Yago van a disputar o vindeiro venres 27 de abril, a final da Liga de futbol sala de Negreira 2011-12.

Nunhas disputadas semifinais tanto Esmorga como V. Sant Yago, desfixéronse de La Crema e de Cervecería Trisquel respectivamente nuns encontros que tiveron emoción ata o final.

Na primeira semifinal o peso do encontro levouno o equipo de La Crema, quen a pesar de ter a posesión do balón, sufría cos contragolpes do seu rival, que en cada chegada a porta marcaba ou levaba moito perigo.
Na primeira parte o equipo de Esmorga gracias a un inspirado Joaquin Becerra, lograba poñerse por diante nunha rápida contra, e máis tarde conquería o 2-0 que o levaba o descanso cunha renda importante.

Na reanudación o equipo de La Crema, gracias a presión logrou poñerse 2-1, pero noutra gran xogada do pichichi da Liga Joaquin Becerra, Esmorga acadaba o 3-1.
Con este resultado e a falta de 6 minutos para o final, o equipo de La Crema, utilizou o recurso do porteiro xogador, co que chegou a poñerse 3-2, pero nunha perda de balón a falta de 1 minuto, o equipo de A Esmorga pechaba o partido co 4-2.

Noutra semifinal o partido foi moito máis defensivo, contabilizandose apenas ocasións de gol para os dous equipos. Xogaron con moitas precaucións e chegaron o final dos 40 minutos cun 0-0, que os levaba a prórroga, onde o conservadurismo fixo que o tanteador non se movera e tiveran que chegarse os penaltis.

Na tanda de penaltis o equipo de Cervecería Trisquel fallou duas penas máximas polo que o partido foi para viajes Sant Yago.