Todavía non hai nada definido nos playoffs

 
As eliminatorias nos cruces de Playoff polo título están todavía abertas, xa que os oito implicados teñen opcións de pasar a semifinais.
A excepción do equipo de LA CREMA, os encontros acabaron con rendas de un gol de diferencia, polo que para o partido de volta calquer equipo ten posibilidades de estar entre os catro mellores da Liga 2011/12.
A partir do próximo luns esperamos ver uns partidos moi disputados e dende logo moi igualados.
Os resultados dos partidos de ida foron os seguintes:

- CERVECERÍA ESMORGA 0 - RESTAURANTE TAMARA 1
- VIAJES SANT YAGO 4 - CONSTRUCCIÓNS QUITÁNS 3
- CERVECERÍA TRISQUEL 1 - CANTIGAS ÑU TEAM 2
- LA CREMA/ B. ARRANCA 2 - IMPRENTA ARIGRAF 0

Tamén queremos informar que xa temos o QUINTETO IDEAL da Liga, que foi elaborado cos votos da enquisa e a organización da Liga de Fútbol sala.

Estos son os cinco xogadores que van a optar o premio do "MELLOR XOGADOR DA LIGA":

Porteiro: Hugo Cabana (Viajes Sant Yago)
Peche: Fernando Rey (Cantigas Ñu Team)
Ala: Justo García (Siberet F.S.)
Ala-Pivot: Sergio Paz (Cervecería Trisquel)
Pivote: Joaquín Becerra (Cervecería Esmorga)

O premio o mellor xogador consiste nunhas zapatillas de futbol sala "ADIDAS" e un trofeo.

Sorte a todos!!