La Crema e Benny Fhu xogarán a final de Copa 2012



O próximo venres día 1 de xuño xógarase a Final de Copa de fútbol sala de Negreira entre os equipos de La Crema / Bar Arranca e Benny Fhu.
Na primeira das semifinais entre os equipos de Siberet e Benny Fhu o partido rematou cun abultado 11-5 a favor de Benny Fhu, que demostrou a súa velocidade nas rápidas contras, que normalmente acababan en gol ou en claras ocacións. O descando chegouse cun 4-2 pero esa ventaxa ampliouse o inicio do segundo tempo, o que fixo que o equipo amarelo xogará a desesperada con porteiro xogador, e lexos de acercarse no marcador, encaixou varios goles ata o definitivo 11-5.

Na outra semifinal os equipos de La Crema e Viajes Sant Yago disputaron un partido moito máis defensivo e con moitas precaucións, o que fixo que non houbera moitas ocasións de gol. Na primeira parte o resultado rematou cun 2-0 a favor de La Crema, pero no minuto 2 da segunda parte o equipo de Sant Yago lograba acadar o 2-1 que poñía as cousas moi apretadas.
Dende a qui ata o final o equipo de La Crema dedicouse a conservar o resultado e a pesar da presión do equipo rival logrou aguantar ata o final o tanteador que os metía na final.

Para o venres os partidos quedan da seguinte maneira:

3º e 4º posto:
SIBERET F.S. - VIAJES SANT YAGO   21:00 h.

Final:
LA CREMA - BENNY FHU       22:00 h.

O remate do encontro farase a entrega dos trofeos de Liga e Copa de futból sala 2012:

LIGA DE FÚTBOL SALA 2012

4º Clasificado:             LA CREMA BAR ARRANCA
3º Clasificado:             CERVECERÍA TRISQUEL
2º Clasificado:             VIAJES SANT YAGO
1º Clasificado:             CERVECERÍA ESMORGA

Máximo goleador:   JOAQUÍN BECERRA (C. Esmorga)
Porteiro menos batido: HUGO CABANA (V. Sant Yago)
Mellor Xogador: JOAQUÍN BECERRA  (C. Esmorga)

O equipo do LOBELLE B gañou o triangular que se disputou o pasado xoves 24 de maio no Pavillón de Pedra Mámoa, que enfrentou a un COMBINADO DA LIGA, LA CREMA BAR ARRANCA  e LOBELLE B.


Os partidos que se xogaron a 20 min. corridos, tivo os seguintes resultados:
LOBELLE B vs COMBINADO LIGA 1-0
LA CREMA vs LOBELLE B 0-1
COMBINADO LIGA vs LA CREMA 3-0

Finalmente impúxose o Lobelle b, segundo o Combinado da Liga e terceiro La Crema

Con este partido púxose punto e final a unha Liga de futbol sala de Negreira que o venres dirá adios a tempada 2011/12