CERVECERÍA TRISQUEL CAMPION DE COPA 2011


O equipo de Cervecería Trisquel proclamouse campión da Copa de Fútbol Sala 2011 do Concello de Negreira, logo de gañar na gran final ao conxunto de Construcción Quintáns, eso si, na tanda de penaltis, tralo apretado 3-3 do marcador, chegándose incluso a xogarse unha prórroga de cinco minutos.

O choque comenzou póndose moi de cara para Construcción Quintáns, cunha vantaxe de 2-0 no marcador. pero Trisquel, logo dunha falta ao borde do área, colocaba o 2-1 preto do descanso.
No primeiro minuto da reanudación, o conxunto de Cervecería Trisquel lograría empatalo partido a dous goles, aproveitándose dun novo erro de marca de Construccións Quintáns, polo que comenzaron a  florecer os nervos, neste equipo no que moitos dos seus xogadores levan preto de vinte anos participando nas competicións de fútbol sala de Negreira.
Froito dese desconcerto, Trisquel lograba adiantarse no marcador co terceiro gol, pero Quintáns, faltando dous minutos para o remate do encontro, conseguiría o empate a tres. Na prórroga de cinco minutos, o dominador foi Quintáns, e pese a que tivo varias ocasións claras para marcar, non o fixo, polo que na tanda de penaltis, a sorte recaeu na escuadra de Cervecería Trisquel.

Hai que decir que non se disputou o partido polo terceiro e cuarto posto, xa que logo, o equipo de Bar Muíño da Baña, lograba o terceiro posto, mentres que o conxunto de Xallas-San Mamede, foi finalmente cuarto.