Aberto o prazo de inscrición da Liga de Futbol Sala 2011/12


Todos os equipos interesados en participar na Liga de Futbol Sala 2011/12 do Concello de Negreira, poden formalizar a inscrición facendo o ingreso da cota de 270 € no número de conta que está impreso na FOLLA DE INSCRICIÓN que podes baixar desta páxina ou ben PINCHANDO AQUÍ.

En principio o formato da Liga vai a ser con dúas categorías 1ª e 2ª e o sistema será de enfrentamentos entre eles a unha Volta e plaioffs.
A copa xogarana todos os equipos misturados ben en eliminatoria directa ou liguilla.

Os prazos son os seguintes:

PRAZO INSCRICIÓN: ata o 5 de outubro as 15:00 h.
REUNIÓN EQUIPOS:  7 de outubro no Telecentro da Casa de Cultura ás 21:00 h.
COMENZO LIGA: 17 de outubro de 2011.

Moita sorte a todos os participantes.