Primeiras semanas de competición sen grandes sorpresas


Despois de case un mes de competición, a Liga de futbol sala comenza a amosar os equipos que van a ser favoritos para facerse co título final, a priori equipos como La Crema/Bar Arranca, O Barranco e Viajes Sant Yago parecen ser os equipos máis en forma da competición e si non hai sorpresas van a estar pelexando polos primeiros postos. Hai que ter en conta tamén equipos como Carpe Diem, Autoescola Antonio ou Hotel Tamara que teñen bos equipos e van a pelexar pola liga ata o final.

Antes do parón de Nadal os equipos intentarán quedar o máis arriba posible para non descolgarse da cabeza da táboa clasificatoria, onde a bo seguro haberá moitas sorpresas o longo da tempada.

Recordamos tamén os vos amantes do FUTBOL SALA, que a seleción española esta a disputar o Mundial de fútbol sala en Tailandia dende o 1 ó 18 de novembro, si queres saber máis sobre esta competición PINCHA AQUÍ