Últimos partidos antes do parón de Nadal


Os equipos da Liga de Fútbol Sala de Negreira, están a disputar os últimos partidos antes das vacacións de Nadal, intentando quedar no máis alto da clasificación e non perder a estela dos primerios.

Só catro equipos seguen a contar os seus partidos por victorias, e son La Crema Bar Arranca, O Barranco, Carpe Diem e o Seixo F.S., que se converteu no equipo revelación do Campionato 2012-13.

Detrás deles están equipos como Autoescola  Antonio ou Viajes Sant Yago que tratan de no perder a estela dos postos de cabeza.

Pola parte baixa só tres equipos non puntuaron todavía: Churrería Compostela, Racing Xabarín e Bar O Cotón.

Queremos avisar que dende o 7 ó 18 de xaneiro de 2013, ábrese o prazo de fichaxes onde os equipos da Liga poderán realizar dúas fichaxes (completando as 12 fichas ou ven dando de baixa a dous xogadores).
Os equipos deberán notificar os cambios na mesa de control, presentando as fotocopias dos novos xogadores.