Mellor xogador da Liga de Fútbol sala 2012-2013


Dende hoxe luns 25 de marzo e ata o 25 de abril está aberto o prazo para votar polo mellor xogador da Liga de fútbol sala de Negreira. Para escoller o xogador máis valiosos, ademáis do criterio da organización, teranse en conta as votacións neste blog, así como os e-mails recibidos pola organización.

O mellor xogador da Liga de fútbol sala de Negreira, recibirá un trofeo o final de Liga.

Tamén este ano queremos realizar unha porra para coñecer os 8 primeiros clasificados da Liga de Fútbol sala de Negreira, os que acerten terán un agasallo deportivo

Todas as votacións (para a porra e para votar os xogadores que non aparecen na enquisa) poderás facelas dende o 25 de marzo ata o 25 de abril enviando un email a: cultura.deportes@concellodenegreira.es