Copa 2013




Xa temos preparada a Copa de Fútbol sala 2013 do Concello de Negreira, que terá lugar do 3 ó 21 de xuño de 2013.

O sistema de competición costa de duas partes: 


1.- Unha fase Previa, na que os 12 últimos equipos da Liga de fútbol sala, se enfrentarán entre eles a partido único de onde saíran 6 clasificados para a Fase final. Os enfrentamentos serán directos entre o primeiros e últimos, así quedarán da seguinte maneira:
 Xuño:

luns 3:          11º-22º      21:00 h.
                     12º-21º       21:45 h.
                     13º-20º      22:30 h.

mércores 5:  14º-19º     21:00 h.   
                       15º-18       21:45 h.
                       16º-17º     22:30 h.

2.- Fase Final, onde os 6 clasificados da Fase Previa da Copa, e os 10 primeiros clasificados da Liga Regular, entrarán en SORTEO, para completar os 1/8 de final da Copa 2013.

Esta fase xogarase os dias 10, 11 e 12 de xuño con tres partidos cada xornada. Os dous primeiros clasificados da Liga non se poden enfrentar nesta fase xa que son cabeza de serie e colocarense no cadro en lugares opostos.

Os gañadores pasarán a 1/4 de final que se xogarán o luns 17 de xuño, o mércores 19 serán as Semifinais e a Final e 3º e 4º posto o venres 21 de xuño. 
Ese día as 23:00 h. entregaranse os Trofeos da Liga e Copa 2013.

Tamén queremos recordar que xa están postos os partidos aprazados da Liga no calendario modificado, si queres ver cando terán lugar PINCHA AQUÍ