La Crema Bar Arranca gañador da Liga de Fútbol sala 2012/13


No día de onte, xoves 30 de maio rematou a Liga de fútbol sala 2012/13 cun claro dominador, o equipo da Crema Bar Arranca.

Como era previsible o equipo non atopou rival, e só concediu un empate nos 21 partidos disputados, o resto de equipos que o acompañan no cadro de honra son: segundo clasificado Carpe Diem, terceiro clasificado Viajes Sant. Yago, cuarto clasificado o Seixo e quinto clasificado Castrosúa. Todos estes conxuntos terán un trofeo o remate da Copa.

Como máximo goleador quedou DIEGO FROIS ALENDE (Castrosúa), como porteiro menos batido HUGO CABANA LIMES (Viajes Sant. Yago), e mellor xogador da Liga KEVIN TOMÉ TUÑAS (O Seixo)

Xa podemos anunciar o CALENDARIO DE COPA 2013, que terá o seguinte sistema de competición:

1.- Do 3 ó 5 de xuño, FASE PREVIA: 
Xogarase eliminatoria directa a partido único

2.- Do 10 ó 14 de xuño, TORNEO DE COPA:
Haberá un sorteo o mércores 5 unha vez rematado o derradeiro partido da FASE PREVIA (23:15 h.), no Pavillón de Pedra Mámoa. Unha vez realizado o sorteo xogaranse os OITAVOS DE FINAL  a doble partido.

3.- Do 17 ó 21 de xuño, 1/4 DE FINAL, SEMIFINAIS E FINAL
O dia da final previsto para o VENRES 21 DE XUÑO, entregaranse os trofeos de Copa e Liga 2012/13.

Os equipos poderán fichar 2 xogadores (sen pasar das 12 fichas) para o torneo de Copa, e tamén comunicar que as Sanción de Liga contan para a Copa.

Agradecer a todos os equipos a participación nesta Liga e desesarlle moita sorte na Copa 2013

Para acceder o CALENDARIO DE COPA PINCHA AQUI