O representante de Negreira gaña a Intermunicipal de Futbol Sala



O equipo de La Crema - Bar Arranca, proclamouse vencedor do XVI TORNEO INTERMUNICIPAL DE FUTBOL SALA, celebrado en Outes onde participaron un total de 10 equipos (Arzúa, Boqueixón, Frades, Negreira, Outes, Santa Comba, Teo, Tordoia, Touro e Vedra), gañadores das súas respectivas Ligas locais de fútbol sala.

A primeira fase do torneo consistiu nunha eliminatoria de grupos (2 grupos de tres equipos e 1 grupo de catro) Pasaban os mellores de cada grupo e o mellor segundo dos tres grupos.


1.- FASE DE GRUPOS: 

GRUPO A:
NEGREIRA
SANTA COMBA
TOURO
ARZÚA

GRUPO B:
VEDRA
OUTES
TORDOIA

GRUPO C:
BOQUEIXÓN
TEO
FRADES

 Nesta primeira fase os resultados do grupo de Negreira foron os seguintes:

NEGREIRA 3 – SANTA COMBA 4
ARZÚA 1 – TOURO 1

NEGREIRA 2 – ARZÚA 0
SANTA COMBA 0 – TOURO 4

NEGREIRA 3 – TOURO 2
SANTA COMBA 5 – ARZÚA 4

2.- SEMIFINAIS:
BOQUEIXÓN 5 – OUTES 3
*NEGREIRA 2 – STA. COMBA 2 *(PASA NEGREIRA A PENALTIS)

3.- FINAL:

NEGREIRA 5 – BOQUEIXÓN 1

O equipo de Negreira a pesar de contar con algunha baixa importante, fixo un fantástico torneo e proclamouse vencedor desta edición 2013, con este son catro os campionatos acadados polos representantes de Negreira e demostra que a nosa Liga é unha das de máis nivel da comarca.

Queremos dar os parabéns os integrantes do equipo La Crema que amosaron o seu gran nivel nesta cita deportiva, noraboa!!!!.