Volve a Liga de Futbol Sala de Negreira



Despois das vacacións de Nadal, retómase a Liga de Fútbol sala do Concello de Negreira hoxe luns 7 de xaneiro de 2013.

 Recordamos a todos os equipos participantes que dende o 7 ó 18 de xaneiro de 2013, ábrese o prazo de fichaxes onde os equipos da Liga poderán realizar dúas incorporacións(completando as 12 fichas ou ven dando de baixa a dous xogadores).
 
Os equipos deberán notificar os cambios na mesa de control, presentando as fotocopias dos novos xogadores.
 
 Esperamos que sexa un feliz 2013 para todos os equipos. Moita sorte