A Competición chega o Ecuador da Liga


A Liga de fútbol sala de Negreira, completou a metade da competición con bastantes problemas arrastrados pola condensación que non permitiu levar as xornadas tal e como estaba previsto no calendario.

Pedimos disculpas a todos os equipos e trataremos de actualizar as xornadas no mes de marzo.

A pesar diso xa se poden intuir os equipos que van a ocupar os 5 primeiros postos da táboa clasificatoria que está a ser moi disputada.

La Crema/Bar Arranca e Viajes Sant Yago son quizas os equipos máis fortes e van a pelexar polas duas primeiras plazas que ocupan na actualidade ata o final. Despois deles O Seixo, O Barranco, A Catedral e Carpe Diem seguen a súa estela intentando pelexar polos primeiros postos.

Noutro grupo están equipos como Autoescola Antonio ou Catrosúa que tamén teñen plantillas para pelexar para estar nos primeiros lugares.

En canto os goleadores e porteiros menos batidos son os seguintes:

*Máximo Goleador:
1º.- Adrian Iglesias (La Crema): 20 goles
2º.- Jose R. Salvado (A. Antonio): 17 goles
3º.- Xabier Ferro (O Barranco): 17 goles
4º.- Sergio Paz (Carpe Diem): 17 goles
5º.- Nabil Loutfi (Al Hurria): 12 goles

*Porteiro Menos Batido:
1º.- Kevin Tomé (12 goles encaixados)
2º.- Ricardo Requeijo (13 goles encaixados)
3º.- Marcos Ferro (14 goles encaixados)
4º.- Victor Espasandín (14 goles encaixados)
5º.- Hugo Cabana (14 goles encaixados)

* Datos ata o día 1/02/2013