Premios Liga Fútbol sala 2012/13


Os premios para os mellores equipos da Liga de Fútbol sala 2012/13 de Negreira, xa están definidos:

Haberá trofeos para os 5 primeiros clasificados, así como trofeos para o Mellor xogador da Liga, Máximo goleador e Porteiro menos batido.

Este ano o equipo que quede clasificado en primeiro lugar, terá a posibilidade de representar a nosa Liga no Torneo Intermunicipal de Fútbol sala 2013 que será no mes de xuño en Outes, onde se medirán ós gañadores das Ligas de Santa Comba, Teo, Outes ou Arzúa entre outros.

O Torneo Intermunicipal comprende a competición nunha fin de semana de 8 ou 10 equipos que se enfrentarán en dous grupos, dos cales sairán os finalistas que disputen o título.

Nesta xornada deportiva os equipos poderán convivir co resto de xogadores doutros equipos e levarán como recordo material deportivo e algún agasallo.